Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 20 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
O bo tempo atrae a unhas 5.000 persoas á celebración do Voto de Chanteiro
30 Maio 2012 09:41
“Durante toda a mañá unhas 5.000 persoas pasaron polas inmediacións da capela da Mercé. Protección Civil destacou que fora o ano máis concurrido desde hai moito tempo”. Así falaba onte pola tarde o edil de Cultura de Ares, Eugenio Fernández, responsable xunto cos seus colegas de Mugardos da organización desta tradicional romaría do Voto de Chanteiro.

Para Fernández o bo tempo foi clave no éxito de público e destaca “a presenza masiva de xente nova, o que é unha gran alegría porque grazas a eles esta tradición centenaria terá continuidade no futuro”.
Aproximadamente ás 12.00 horas as actividades comezaron en Chanteiro coa concorrida cerimonia relixiosa na capela de Nosa Señora da Mercé, onde se conmemoran os feitos acontecidos hai seis séculos e polos que se continúan dando as grazas. A continuación levouse a cabo o reparto gratuíto de bebidas e empanada. Desde a organización salientan que nunha hora se repartiu a totalidade do produto, 150 quilos de empanada dispostos para a ocasión, cando outros anos non se chegaba a esgotar o material. Posteriormente, a música da Banda Aresá de Música animou un xantar que se espallou por toda a zona de Chanteiro, praia incluída, continuando ata ben entrada a tarde.
Tanto o Concello de Ares como o de Mugardos dispuxeran dun servizo de autobuses para trasladar aos visitantes que quixeron achegarse a Chanteiro a celebrar esta conmemoración. Os dous transportes chegaron cheos de xente para gozar dun auténtico día de festa que une a través da tradición aos dous municipios que onte viviron unha xornada de éxito organizativo e participativo.

DIARIO DE FERROL, MÉRCORES 30 DE MAIO DE 2012
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares