Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 20 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Ares e Mugardos renovan un ano máis a tradición do Voto de Chanteiro
30 Maio 2012 09:40
Un ano máis, os Concellos de Ares e Mugardos organizan a tradicional romaría do Voto de Chanteiro, unha data que une aos dous municipios coa historia e que se desenvolve durante a xornada de hoxe e que reunirá ao redor da capela de Nosa Señora da Mercé a centos de romeiros, se o tempo o permite.
Como en edicións anteriores, fletaranse autobuses que percorrerán os dous municipios para recoller e deixar aos veciños e veciñas que o desexen.

Segundo consta no programa, os buses sairán ás 10.30 horas, realizando, no caso de Ares, o percorrido polo Pedregal, Pezoas, Seselle, Porta do Sol, Lubre, Cervás e Chanteiro, e no de Mugardos, por San Xoán de Piñeiro, O Seixo, Franza, A Pedreira e Mugardos. Estes buses realizarán o percorrido de volta ás 13.30 horas pola mañá e outra vez ás 19.00, xa pola tarde.
Nesta xornada, festivo local en Ares, levaranse a cabo as habituais actividades, como a actuación do Grupo de Gaitas Aresán despois da celebración da misa, ás 12.00 horas, coincidindo co reparto de empanadas e bebidas aos asistentes, e a actuación de novo das gaitas, prevista para as 17.00 horas.
Orixe > A celebración de hoxe ten xa seis séculos de existencia ás súas costas. A súa orixe provén da peste que asolou a cidade e a comarca en 1404 e que levou aos veciños de Ferrol a prometer o Voto de Chanteiro, romaría anual polo mar ata Mugardos e camiñando ata Chanteiro.
No ano 1824, despois dun pleito e aprobación do Arcebispado, Ferrol deixou de asistir e se lle conmutou para que o celebrase na igrexa do Socorro no peirao ferrolán, por ser o santuario máis preto de Chanteiro. Esta tradición mantívose ata 1839, ano en que as autoridades eclesiásticas suspenderon o voto, dado que consideraban que a festa daba lugar a “escenas pouco edificantes para a moral”, con protestas dos veciños dos concellos de Ares e Mugardos.

DIARIO DE FERROL, MARTES 28 DE MAIO DE 2012
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares