Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 20 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Ares apúntase aos snipes
04 Abril 2012 09:37
O club Náutico de Ares, cunha gran experiencia e tradición na clase cruceiro, organizou o pasado domingo a primeira edición da regata da clase snipe. A organización desta proba significa aumentar o calendario de regatas do club aresano en canto á vela lixeira e súmase á regata multiclases, así como á proba do circuíto optimist Rías Altas, ambas as probas programadas para o mes de agosto.

Os gañadores desta primeira regata Náutico de Ares de snipe foron Fernando Tajuelo e Iria López, que xa partían como grandes favoritos, seguidos por José Rilo González Vales e Pablo Biarge Martín, en ambos os casos da Comisión Naval de Regatas de Ferrol. A terceira posición foi para César Cervera Pérez e Pablo Yáñez Ventín, do Náutico de Vigo.

Participaron na competición unha vintena de embarcacións da clase, procedentes de clubs como o Náutico de Vigo, Náutico de Vilagarcía, habituais en probas desta clase, así como da Comisión Naval de Regatas de Ferrol e do Náutico Recreativo de Sada.

A primeira das regatas disputouse na tarde do sábado, un triángulo olímpico e con vento dunha intensidade entre os quince e os vinte nós.

Na xornada do domingo disputouse a segunda regata, aínda que debido á falta de vento o comezo aprazouse unha hora. A organización decidiu facer unha regata de barlovento-sotavento, con vento do oeste. Terminouse a primeira manga e anulouse a segunda.

LA VOZ DE GALICIA, 3 DE ABRIL DE 2012
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares