Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 29 de Febreiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Xeógrafos e arquitectos informan sobre as peculiaridades de Redes
30 Novembro 2011 10:53
A Agrupación Instrutiva de Caamouco segue a celebrar o seu centenario e este sábado organiza unha xornada na que xeógrafos e arquitectos darán información sobre as peculiaridades de Redes, dentro do contexto galego. Será a partir das sete da tarde, no edificio social da Tenencia, con entrada libre para quen desexe coñecer máis sobre o territorio.
“Redescubrindo o territorio e a arquitectura” contará coas conferencias de dous xeógrafos, Juan López Bedoya e Manuel Anxo Freire, así como as dos arquitectos Miguel Reimúndez e Manuel Amable Romero. Ó remate das súas intervencións proxectarase o documental “Redescubrindo”, feito hai un ano por alumnos da Facultade de Xornalismo de Santiago e que se centra na riqueza arquitectónica de Caamouco e a súa conservación ó longo do tempo.
As intervencións irán dun contexto global á analise local. Os xeógrafos, con “O medio físico de Caamouco e Redes e os seus valores, cambios e problemas ambientais” centraranse en aspectos como o retroceso dos cantís ou a xestión das praias.
Miguel Reimúndez, cunha intervención titulada “A evolución recente do patrimonio construído das vilas e aldeas mariñeiras galegas. O caso de Redes”, dará unha ampla perspectiva da tradición mariñeira galega e dos seus asentamentos poboacionais, así como a súa evolución e adaptación ós cambios socioeconómicos na costa do país.
Será Manuel Amable Romero quen afonde a continuación na arquitectura desas vilas mariñeiras, coa Agrupación Instrutiva e a arquitectura indiana como protagonistas. “A evolución e ampliación do concepto de patrimonio arquitectónico” dará unha visión dos diferentes estilos que se atopan en Redes, que teñen a particularidade de concentrarse nun espazo reducido e de ter un bo estado de conservación.
O documental dos alumnos de Xornalismo, pola súa banda, contrapón o chamado “feísmo” doutros lugares da costa galega co que eles bautizaron como “bonitismo” de Redes.
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, encargarase de inaugurar esta xornada, que organiza a Agrupación Instrutiva de Caamouco co apoio do Concello, do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago.

NOTICIA DE DIARIO DE FERROL
30-11-2011
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares