Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 29 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Caamouco únese ás agrupacións instrutivas cun século de existencia
26 Setembro 2011 10:42
O 23 de outubro de 1911 nacía na Habana a Agrupación Instrutiva de Caamouco, unha entidade que a través da escola da Tenencia cambiaría a paisaxe humana e intelectual desta parroquia do Concello de Ares. Con este motivo a actual xunta directiva da veterá entidade vén de presentar un programa de actividades que combinan a lembranza aos vellos fundadores con iniciativas de actualidade.
Así, o ciclo que se desenvolverá na escola comeza o 7 de outubro cunha exposición, “Cen anos da escola e cultura”, que inclúe tanto unha serie de paneis sobre a historia da entidade local como as exposicións sobre a Unión Mugardesa e a Alianza Aresana, que xa fixeron o seu século de vida. O día 8 de outubro, ás 20.00 horas, a antiga escola acollerá a conferencia “Intentando entender o cambio climático”, por parte do profesor de Bioloxía da Universidade da Coruña Salvador Fajón.

Roteiro > Como destaca un dos responsables das actividades, Ernesto López Naveiras, unha das propostas máis curiosas será “un roteiro pola parroquia. Nós sempre temos presente que a xente ten que coñecer cales son os límites da parroquia de Caamouco, os seus marcos, lindes (A Ciscada, Lodairo, etc.) e os lugares singulares”, destaca.
Esta actividade desenvólvese a partir do 15 de outubro, e o 21, ás 20.00 horas, a compañía de Sada Teatro Artesán porá en escena dúas pequenas pezas, “Cartas dende a Habana” e “Farsa do Sr. Correxidor”. Trátase de obras escritas por Juan Sanmartín ambientadas no lugar de Redes a principios do século XX.
O día 22 unha mesa redonda reflexionará sobre a historia da entidade educativa. Así, baixo o título de “O momento histórico das sociedades de instrución” falarán a partir das 20.00 horas varios expertos moderados polo alcalde de Ares, Julio Iglesias. Entre eles estarán o catedrático de Pedagoxía Vicente Peña Saavedra, experto na creación histórica das sociedades de instrución, así como Juan Carneiro, Guillermo Escrigas e Miguel Rodríguez. Despois das súas intervencións abrirase un turno de coloquio co público presente.

Día grande > Así, ata chegar ao día grande, o propio 23 de outubro, no que se cumpren exactamente cen anos da creación da Agrupación Instrutiva de Caamouco. O programa dese día comeza ás 11.00 horas cunha misa na igrexa parroquial, para honrar aos socios, mestres e alumnos falecidos.
Posteriormente farase unha ofrenda floral no cemiterio local e ás 13.00 horas descubrirase unha placa conmemorativa nas paredes da vella escola. Ás 14.00 horas presentarase o nº 4 da revista “A Tenencia”, centrada en artigos sobre o Redes de hai cen anos e diferentes aspectos da súa historia. As actividades rematan definitivamente pola tarde, tras unha comida de confraternización e a actuación musical, a partir das 19.00 horas, do Grupo de Metales Santa Cecilia. E ata dentro doutros cen anos.

NOTICIA DE DIARIO DE FERROL
25-09-2011
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares