Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 17 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
O Concello de Ares programa unha intensa oferta para o seu ocio de verán
11 xullo 2011 10:38
O Concello de Ares enfila un intenso verán cargado de actividades. Así, tralo festival musical de onte, o próximo sábado 16 terá lugar en Redes, parroquia de Caamouco, a tradicional Festa do Carme. O domingo 17 celebrarase a I Romaría Foclórica organizada polo Grupo de Gaitas Aresán na praza da Constitución dende as 12.30 horas, acompañada dun mercadillo municipal. O día 22, ás 20.00 horas, o mosteiro de Santa Catalina acollerá a actuación da agrupación ferrolá Lucero del Alba, e ao día seguinte, o 23, celébrarase desde as 13.00 horas no parque Rosalía de Castro a III edición da Festa da Xiba. Os días 22 e 23 tamén serán de intensa actividade en Redes, coa novena edición da regata e concentración de embarcacións tradicionais no club do porto de Redes.
Nesa mesma xornada, ás 22.00 horas, a praza da Igrexa acollerá o Festival Musicares cos grupos confirmados La Banda del Camión e Barrok, a quen se sumará algún máis. O día 24 celébrase a “Roda en familia”, unha rota en bicicleta para todo o mundo a partir das 10.00 horas desde o paseo marítimo aresán. Na mesma xornada haberá un festival de corais na Igrexa de San Xosé, desde as 20.00 horas, organizado polo Casino Aresano.

Un variado agosto > No mes de agosto continúan en Ares as actividades de debuxo e pintura infantil, o obradoiro musical e os Divertixogos en horario de mañá para os máis pequenos.
Tamén segue o programa Ximnasiares, unha actividade fisica para adultos, en horario matinal de 9.30 a 10.15 horas de luns a venres. A proposta comeza cunha concentración no parque biosaudable Rosalia de Castro, e dende alí proporanse diferentes actividades deportivas en espazos variables: praia, parque, paseo, pavillón, ximnasio, etc. Para maiores de 12 anos.
As festas populares encetan coas de San Roque, os días 5, 6 e 7, e as de Lubre, os días 14 e 15. O día 16 celébrase a XIII edición do concurso de castelos na Area, ás 11.00 horas na praia do Xuncal, unha actividades que implica a numerosos nenos e nenas.

Festa pirata > Os días 19, 20 e 21 celébrase a II edición da Festa Mariñeira, mentres que o día 20 será unha das xornadas lúdicas de maior actividade de todo o verán. O mosteiro de Santa Catalina volverá ser a sede dunha actuación musical, da rondalla Sonidos del Alba e o concerto de guitarra que ofrecerá Rubén Caneiro a partir das 20.00 horas.
Tamén nese día celébrase a II Xuntanza Popular no Centro Outeiro de Chanteiro, ás 19.00 horas, acompañada dunha mexillonada e unha actuación musical. Finalmente, e tamén nese 20 de agosto, terá lugar a XXV edición da Festa do Langostino no parque Rosalía a partir das 13.00 horas. A maxia non faltará neste final de mes coa actuación que ofrecerá o mago Cayetano Lledó ás 21.00 horas no Casino de Ares. O día 27 de Redes parte a invasión pirata contra os viquingos da localidade de Río Castro, en Limodre (Fene), unha “batalla” que devolve a do día 30 de xullo dos limodreses en Redes.
Xa no mes de setembro, o Concello de Ares ten previsto organizar o día 3 unha festa de fin de verán na praza da Igrexa coa Trova Camagüeyana. Finalmente, a música regresará a Santa Catalina coa actuación da agrupación Bohemios o 10 de setembro a partir das 20.00 horas.


DIARIO DE FERROL, sábado 9 de xullo de 2011

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares