Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 19 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Ares acolleu unha xornada sobre a historia dos evanxelistas
09 Maio 2008 09:43

 Ampliar foto
O auditorio das Alianzas Aresanas acolleu onte a presentación dos libros “Unha falsa luz” e “Liberdade relixiosa e asentamento dos protestantes en Galicia” do ferrolán Xavier Alcalá e dos irmáns González Raposo, respectivamente.


O acto, que contou tamén coa presenza dos historiadores Bernardo Máiz e Eduardo Fra, estivo enmarcado nunha nova xornada do ciclo de conferencias Falares.

Tanto “Unha falsa luz” como “Liberdade relixiosa e asentamento dos protestantes en Galicia” realizan sendas investigacións sobre a historia da comunidade galega de evanxélicos.

O primeiro é o derradeiro libro da triloxía “Evanxélica memoria”, que se pode considerar a primeira novela histórica rigorosamente planificada como tal. En “Unha falsa luz” o escritor ferrolán Xavier Alcalá recolle a través de diversas anécdotas, penalidades e desterros a represión que os evanxélicos galegos padeceron durante o pasado século, desde a chegada ao poder dos militares golpistas e dos fundamentalistas católicos.

“Liberdade relixiosa e asentamento dos protestantes en Galicia”, publicado pola editorial Galaxia, está á venda desde o pasado mes de agosto. A pesar delo, a súa presentación oficial foi onte en Ares, un municipio no que a comunidade evanxélica tivo e ten un especial protagonismo e relevancia. Un estudo co que os autores queren analizar o exercicio do dereito de liberdade relixiosa na realidade histórica da xénese e a irradiación do protestantismo en Galicia entre os anos 1868 e 1931. A elaboración deste rigoroso estudo costoulle aos seus autores dez anos de investigación. Así, segundo explicou Benito González Raposo, ó inicio do que hoxe é “Liberdade relixiosa e asentamento dos protestantes en Galicia” foi unha tese doutoral defendida en 1990 na UNED de Madrid.

Pola súa banda os historiadores Bernardo Máiz e Eduardo Fra realizaron unha presentación sobre cada unha das obras contextualizando os dous libros e destacando en cada caso os temas máis relevantes.

O alcalde de Ares, Julio Iglesias, foi o encargado de clausurar un acto que logrou atraer ata as Alianzas Aresanas a un bo número de xente.
NOTICIA DE DIARIO DE FERROL
08-05-2008
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares