Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 06 de Decembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
XORNADAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Voltan as batallas entre feneses e aresanos este fin de semana coa V Festa Vikinga
28 xullo 2010 09:53
O vindeiro sábado 31, a partir das 18.00 horas, os vikingos de Río Castro atracarán os seus barcos no porto de Redes, coa intención de protagonizar un ano máis unha das batallas máis coñecidas da comarca.
Tras catro edicións, a cruzada dos vikingos feneses e os piratas aresáns reunirá de novo a tódolos veciños que se preparan estos días para secuestrar a un redeño e voltar co rehén a Río Castro (Limodre) onde se celebrará a vitoria.
Despois de tanta loita os combatentes e veciños poderán disfrutar dunha pantragruélica churrascada na parroquia fenesa na que se inclúe viño, postre e, de agasallo, unha camiseta e unha pañoleta vermella a cada asistente en honra ós Vikingos do Río Castro. Todo por un prezo de 18 euros. Os interesados que queiran asistir á cea terán que inscribirse previamente no bar do lugar “O Emigrante”.
Os veciños poderán desfrutar das batallas entre redeños e aresanos e, ademáis, se divertirán coa boa música que reinará no Río Castro. Así, un dos membros da asociación “Os vikingos do Río Castro”, José Miragalla, afirma a importancia de seguir promovendo “este evento que cada ano congrega a máis dun milleiro de persoas”. Por isto, este ano a organización apostou forte pola música encargada de amenizar a noite vikinga contando cun cartel no que o popular grupo de rock arxentino Súper Ratones serán os protagonistas da noite, sen esquecer ós ferroláns Black Jacks e os veteranos Los Zares, entre outros.
A comisión organizadora fixo fincapé tamén no cometido de previr os problemas de aparcamento polo que habilitaron unha finca de máis de 250 metros cadrados na que caben máis de 300 vehículos co obxectivo de evitar as aglomeracións que puidesen ocasionarse.
Deste xeito espérase un gran éxito desta nova edición da invasión vikinga do Río Castro. Aínda así os piratas de Redes non se ían a quedar de bruces cruzadas polo que devolverán o golpe semanas despois. A venganza por parte dos corsarios redeños celebrarase o vindeiro 21 de agosto que será cando intenten recuperar de forma simbólica ó rehén que intentarán secuestrar esta fin de semana os feneses.
Sen dúbida o férreo traballo que realizan sendas organizacións é o motor que permite levar a cabo estas festas que comezaron coma unha broma privada, conseguindo fondos grazas ós veciños e a propia autofinanciación, e dende fai varias edicións o Concello de Fene colabora coa organización “Vikingos do Río Castro” para levar a cabo semellante batalla festiva.

NOTICIA DE DIARIO DE FERROL
27-07-2010
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares