Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 17 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
O Concello suscribirá un convenio con Gestión de Mecenazgo para a instalación de torres-quiosco en areais do municipio
06 Maio 2008 10:06
O Concello de Ares asinará proximamente un convenio con Gestión de Mecenazgo, S.L., polo que dita compañía, que financia con cargo aos orzamentos de patrocinio e mecenazgo de grandes empresas proxectos de tipo social, cultural, deportivo e outros de interese público, dotará a varios areais do municipio de torres-quiosco de cara á tempada estival.
O equipo de goberno solicitou a instalación destas estructuras nas praias de Seselle-Raso e Chanteiro (as de Ares xa dispoñen deste servizo), e agora está á espera de, por unha banda, confirmar o número de torres e ditas ubicacións e, por outra, de poñer data á sinatura do documento. Segundo se recolle no borrador, Gestión de Mecenazgo manifesta o seu interese polo proxecto consistente na dotación, colocación e mentemento de torres-quiosco por un período de dez anos en areais do municipio de Ares.
Neste sentido, será a empresa a que se responsabilice do custe da actuación, que se realizará con cargo a un ou varios patrocinadores designados previamente pola compañía e cuxo nomeamento será notificado ao Concello. En canto ás labores de mantemento, Gestión de Mecenazgo elixirá á empresa que manterá en perfecto estado as estructuras cada tempada durante os anos de vixencia do convenio, tendo esta última o dereito en exclusiva na venta de produtos que comercialice, se así se acorda entre as dúas partes.
As torres-quiosco son estructuras ecolóxicas que se integran no medio ambiente no que se ubiquen e sen agredilo. Son desmontables e están feitas en madeira tratada. Na parte superior, estará o socorrista que vixíe a praia en cuestión, mentres que a inferior será utilizada para gardar os aparellos de ditos vixiantes ou terá funcións de quiosco.
Ao Concello de Ares, segundo consta no convenio, correspóndelle facilitar a toma dos puntos de luz imprescindibles para o seu correcto funcionamento, dispor do lugar axeitado de almacenamento das estructuras ao remate de cada tempada e xestionar os permisos e licenzas correspondentes perante a Demarcación de Costas.
Con esta iniciativa, o equipo de goberno pretende introducir nos areais de Ares un servizo que axuda a incrementar a seguridade dos bañistas, ademais de dotalos dun elemento de valor estético que a Unión Europea ten en conta á hora de conceder as Bandeiras Azuis.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares