Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 19 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
O Concello iniciará a recollida de aceites usados grazas ao convenio que asinará con Protección Medioambiental
02 Maio 2008 10:04
O Concello de Ares, a través da área de Medio Ambiente, porá en marcha un sistema de recollida selectiva de aceites fritos usados para a súa posterior reciclaxe, grazas ao convenio que o goberno local asinará en breve coa empresa Protección Medioambiental S.L.
Esta medida, que xa foi aprobada en Xunta Local de Goberno, ten como obxectivos o de diminuir a importancia do aceite usado como refugallo, permitindo alonga-lo período da vida útil dos vertedoiros, colectores, depuradoras, etc., e reduci-lo impacto ambiental deles. A través do convenio, que asinará o alcalde, Julio Iglesias, e algún responsable da empresa, establécese o procedemento que se seguirá ata acadar tódolos obxectivos que se buscan con dita iniciativa.
Así, a recollida de aceite frito usado, que poderá proceder da elaboración e transformación de alimentos en hospitales, hostalería, colexios ou comunidades de veciños, entre outros, basearase na utilización de contenedores de cor gris de 28 centímetros de ancho por 60 de alto e 50 kilos de capacidade. Éstes, segundo adiantou a concelleira de Medio Ambiente, Ana Fernández Coira, estarán instalados nos centros sociais das parroquias e lugares do municipio, como son Chanteiro, Cervás e Caamouco, así como na Alianza Aresana e no propio Consistorio, na vila de Ares.
Ademais, Protección Medioambiental achegará a todos aqueles establecementos que o precisen e comunidades de veciños que estean dispostas a colaborar nesta recollida envases ou garrafas para almacena-lo aceite usado.
Tamén será esta empresa a que, sen custe algún para o Concello, poña os medios técnicos e humanos que se precisen para a recollida dos contenedores, cuxa frecuencia será determinada polo enchido dos mesmos e polas necesidades dos establecementos xeneradores dos refugallos. En todo caso, Protección Medioambiental garante a prestación do servizo sempre que a compañía sexa requerida polos locais de hostalería ou comunidades de veciños adheridas á iniciativa.
A empresa, así mesmo, o equipo técnico terá a obriga de realizar o mantemento, a limpeza, reparación ou substitución dos contenedores, ao tempo que establece ou seu compromiso sobre a posterior utilización dos aceites fritos usados, que se adicarán exclusivamente á súa reciclaxe con fins industriais.
Pola súa banda, o Concello porá en marcha as campañas axeitadas para concienciar aos cidadáns e informará das normas para acadar unha correcta selección e recollida.
O convenio de colaboración é por dous anos, prorrogable por período anuais agás que unha das partes o denuncie ou manifeste a súa vontade de introducir no mesmo cambios substanciais. Ademais, o documento contempla a creación dunha Comisión Mixta, que estará constituida por representantes das dúas partes e que se reunirá, polo menos, unha vez ao ano. O obxecto de dita comisión non é outro que o de aplicar e desenvolver o convenio, así como resolver calquera dúbida que se poida plantexar.
Con esta iniciativa, o equipo de goberno de Ares segue apostando pola recollida selectiva e a protección do medio ambiente; un traballo iniciado dende o principio do mandato e que xa está dando os seus froitos.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares