Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 19 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Grande éxito de público e participación na I Exhibición de Ximnasia Rítmica do Concello
01 Maio 2008 09:59
O pavillón municipal de Ares quedou pequeno na I Exhibición de Ximnasia Rítmica “Concello de Ares”, organizado polo Concello e o Club Esquío e coa colaboración da empresa Agroflor. O nivel de participación nesta actividade, na que tomaron parte diversos clubes e colexios da comarca, foi elevadísimo, xa que ao longo das máis de tres horas de exhibición mostraron as súas habilidades unhas 300 deportistas.
A concelleira socialista Ana Fernández Coira, responsable das áreas de Cultura, Educación, Turismo e Medio Ambiente, foi a encargada de facer a presentación inicial do acto, que rematou coa entrega de agasallos ás participantes –unha mochila e unha flor para as deportistas- e ás monitoras –un ramo de flores-. Para a edil, o éxito acadado con esta iniciativa anima á administración local a seguir traballando na mesma liña que ata o de agora e a organizar a II Exhibición o vindeiro ano. Así mesmo, subliñou o interese do goberno local por potenciar e consolidar o deporte no municipio, prestando especial atención ás categorías de base.
Fernández Coira quixo agradecer o traballo desenvolvido nesta grande cita deportiva aos colaboradores do propio evento –Club Esquío e Agroflor-, ao técnico de Deportes do Concello, Javier Sánchez, e á Policía Local e Protección Civil. Estes últimos xogaron, segundo a concelleira, un importante papel tanto na regulación do tráfico como na habilitación de espazos para o estacionamentos de vehículos; unha tarefa complicada xa que no pavillón municipal se deron cita unhas 1.300 persoas.
A exhibición, que se desenvolveu por categorías e tanto a nivel individual como por grupos, sirve como colofón desta Escola Municipal, que chegará ao seu remate no que a este curso se refire, como ocorre co resto das actividades promovidas dende o Concello, o vindeiro día 31. Ademais, a iniciativa ten outro obxectivo: o de fomentar o dar un pulo a unha modalidade deportiva que en Ares desperta cada vez máis interese.
De feito, este ano tomaron parte nesta actividade arredor de 40 nenas de entre catro e oito anos, repartidas en dous grupos.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares