Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 06 de Decembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
XORNADAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
A Xunta confirma ao alcalde que axilizarán o saneamento na vila coa máxima calidade técnica
25 xuño 2010 11:37
O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, mantivo na tarde de onte unha reunión co alcalde de Ares, Julio Iglesias –foi este último quen a solicitou– na que analizaron a situación das obras de saneamento que a Xunta está a levar a cabo na zona norte da ría de Ares e na sur da de Ferrol, co obxectivo de mellorar as condicións ambientais e a calidade das augas na marxe esquerda da ría. Hernández comprometeuse a axilizar a reposición das canalizacións que se están a realizar no concello de Ares e a facelo coa máxima calidade técnica. Así mesmo, o conselleiro recordoulle ao rexedor local a magnitude da obra que se está a levar a cabo, cun total de 38 quilómetros de colectores, polo que pediu de antemán comprensión polas molestias que se van a causar aos veciños.
Pola súa banda, o alcalde comprometeuse a axilizar o expediente de expropiación para poder completar a execución da depuradora de Chanteiro. Hernández transmitiulle ao rexedor que ademais da rede de abastecemento e saneamento de Chanteiro, a Xunta está disposta a incluír dentro das súas previsións a curto prazo o abastecemento á parroquia de San Pedro de Cervás, completando así este servizo imprescindible para esta zona do municipio de Ares.

Pleno > Noutro orde de asuntos, o rexedor aresán lamentou que no pleno municipal, celebrado onte, o BNG pedira a través dunha moción que se aceleren os traballos da EDAR, “sen ter en conta as demandas dos veciños”, dixo Iglesias. A iniciativa saíu adiante cos votos do BNG, PP, NAL e o edil non adscrito.

Noticia de Diario de Ferrol
25-6-2010
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares