Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 20 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
O consistorio e o Consorcio Galego prevén rematar as obras do centro de día en agosto
03 Maio 2010 11:59
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, acompañado dos edís José Ferreiro e Victoria Montenegro, de Obras e Servizos Sociais, respectivamente; da deputada socialista Beatriz Sestayo e do director da área de Benestar do Consorcio Galego, Andrés Vázquez, realizaron unha visita ao centro de día de Mariña do Pombal. O obxectivo era, tal e como se indicou desde o consistorio, fixar “in situ” o plan de traballo para os próximos meses, unha vez que as obras do inmoble foron xa recepcionadas.

O Consorcio encargarase de adquirir o equipamento necesario para o edificio e o consistorio porá en marcha os servizos básicos e levará a cabo o mantemento da parcela. As previsións apuntan a que tódalas actuacións pendentes estarán rematadas en agosto, quedando a apertura do centro de día a expensas do que decida o Consorcio sobre a súa xestión, que sairá a concurso.

O alcalde aresán valorou as instalacións, que porán a disposición da poboación un total de corenta prazas, aínda que se confía en que a capacidade final alcance as sesenta. Nunha parcela de algo máis de 5.000 metros cadrados que o Concello puxo a disposición do Consorcio Galego construíuse un edificio aillado duns 750 metros cadrados dunha pranta -en tres bloques- con áreas diferenciadas: acceso e recepción, actividade administrativa e de atención do persoal e de servizo. O orzamento da obra ascendeu a 778.878 euros.

NOTICIA DE DIARIO DE FERROL
03-05-2010

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares