Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 16 de xullo de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Actualidade
Ferrolterra despídese do Entroido
18 Febreiro 2010 05:52
Co tradicional Enterro da Sardiña a comarca puxo onte o punto e final ó Entroido. En municipios como Fene ou Ares, onde o Mércores de Cinza foi festivo, viviuse unha xornada de festa que incluiu, ademais da queima de entroidos desfiles de comparsas, disfraces e sobretodo moita troula.

Fene celebrou onte o festival de comparsas. Catorce agrupacións procedentes de toda a comarca encargáronse de animar a tarde cos seus cánticos cheos de ironía e humor. O xornalista da Radio Galega, Pichi Varela, exerceu de mestre de cerimonias. Ademais, a última hora da tarde tivo lugar a queima do Entroido, que puxo o punto e final á festa no municipio. A orquestra Os Trovadores encargouse de animar a noite.

En Ares as rúas enchéronse de máscaras, pasarrúas, paiasos e todo tipo de animación. Houbo tamén premios para os traxes máis orixinais e chocolate quente e orellas para os veciños. Co enterro da sardiña na praia os aresáns despedíronse de Don Carnal.

Pontedeume dixo tamén adeus onte ó Entroido. Desde pola mañá e ata máis aló das nove da noite sucedéronse as actividades para despedir por todo o alto a festa.

Ultramar > En Ferrol, o Enterro da Sardiña trasládase ata o barrio de Ultramar. Será mañá a partir das 20.30 horas. Ademais, e aínda que o Entroido xa rematou, ó longo da vindeira fin de semana son moitas as asociacións culturais e veciñais que continúan organizando festas de disfraces para os seus socios. Así, a AVV O Cruceiro de Valón celebra mañá, ás once da noite, un baile de máscaras. Estará amenizado por Joselo.

NOTICIA DE DIARIO DE FERROL
18-02-2010
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares